As redes sociais son unha ferramenta clave para dar visibilidade a calquera proxecto profesional, pero tamén poden converterse nunha fonte constante de estrés, falta de tempo e bloqueo creativo.
Co obxectivo de axudar os profesionais da nutrición a xestionar mellor a súa comunicación dixital, CODINUGAL organiza a formación “Redes sociais sen atragoarse”, impartida por Jacobo Fouz.
Durante esta sesión compartiranse consellos e estratexias prácticas para planificar contidos, optimizar o tempo e aproveitar as redes sociais dunha forma máis eficaz e sostible.
Datos da actividade
- Relator: Jacobo Fouz
- Data: Sábado, 20 de xuño de 2026
- Hora: 10:00 h
- Duración: 1 hora e 30 minutos
- Modalidade: Online
Prezo
- Gratuíta para as persoas colexiadas en CODINUGAL.
- 10 € para estudantes do Grao en Nutrición Humana e Dietética da USC.
- 20 € para o resto de asistentes.
A sesión estará dispoñible en diferido durante un mes para todas as persoas inscritas.
Inscricións


