Accede a formación, asesoramento e representación profesional

Colexiarte é avanzar con respaldo, prestixio e oportunidades

Comeza a coidarte con quen realmente sabe axudarche

Coida o que comes. Coida a quen escolles. Busca o profesional colexiado que mellor se adapte a ti nesta sección web.

Aprende a coidarte con información fiable e clara

Publicacións, guías e infografías sobre nutrición, saúde e alimentación elaboradas por profesionais colexiados.

Participa activamente na evolución da túa profesión

Colabora nas comisións técnicas e axúdanos a construír un colexio máis forte, unido e representativo.

Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia

A referencia profesional en nutrición e dietética en Galicia

CODINUGAL representa, organiza e defende a profesión na nosa comunidade. Traballamos para asegurar un exercicio ético, responsable e con recoñecemento social.

Ofrecemos ás nosas persoas colexiadas respaldo legal, formación continua, oportunidades laborais e participación activa en comisións e proxectos.

Ademais, impulsamos unha nutrición baseada na evidencia, comprometida coa saúde pública e o benestar da cidadanía, colaborando con institucións sanitarias e sociais a nivel autonómico e estatal.

Que fai un dietista-nutricionista e por que é clave para a túa saúde?

Un dietista-nutricionista é un profesional sanitario con titulación universitaria, experto en alimentación, nutrición e saúde.

Está capacitado para intervir desde a prevención ata o tratamento, tanto en consulta como en hospitais, empresas, restauración colectiva, docencia, investigación e saúde pública.

Sempre con base científica e compromiso ético.

Unha bolsa de emprego exclusiva para colexiados e aberta a empresas

Accede a ofertas de emprego seleccionadas, publicadas por empresas que buscan profesionais cualificados coma ti. Como parte do Colexio, tes acceso exclusivo a unha bolsa de traballo actualizada e con oportunidades reais no sector da nutrición.

E se representas a unha empresa e precisas incorporar talento, CODINUGAL pócho fácil. Podes publicar a túa oferta de forma gratuíta e nós farémola chegar directamente á nosa rede de persoas colexiadas con titulación oficial e compromiso ético.

Entérate das novidades, eventos, comunicados e actividades

Actualidade e novas do Colexio

blog-sergas-xunta
Sergas e DOG

Lista definitiva de persoas admitidas e excluídas na OPE 2025 de dietista-nutricionista do Sergas

O Servizo Galego de Saúde publicou a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no concurso-oposición da OPE 2025 para o ingreso na categoría de dietista-nutricionista. A publicación recolle tamén...
formacion-isak-2026-01
Xornadas e charlas

Así foi a formación ISAK Nivel 1 e Nivel 2, edición 2026

Do 5 ao 8 de setembro de 2026 celebrouse unha nova formación ISAK Nivel 1 e Nivel 2,...
blog-sergas-xunta
Sergas e DOG

Publicada a listaxe provisional de admitidas e excluídas do concurso-oposición de Dietista-Nutricionista

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo...

Membros de