Preguntas frecuentes

Nun dos centros hai máis profesionais sanitarios e incluíronme no seu rexistro sanitario.

Se pasas consulta en dous centros distintos tes dúas opcións:

Que cada centro te inclúa dentro do seu Rexistro Sanitario (aquí engadiría o seguinte: que cada centro te inclúa dentro do seu Rexistro Sanitario se os centros son os encargados de xestionar os pacientes, levar a LOPD, historias clínicas e citas; se es ti mesma quen xestiona os pacientes pola túa conta e baixo a túa LOPD, etc., entón deberías pedir o teu propio rexistro sanitario).

Solicitar ti o Rexistro Sanitario a título persoal e serviríache para calquera clínica na que traballases (pero terías que indicar os distintos enderezos nos que te atopas).

A clínica que te incluíu no seu rexistro fíxoo perfecto, pero ese rexistro non te cobre na outra clínica: terían que incluírte no seu ou terías que solicitar ti un.

Na seguinte ligazón teñen que ir ao formulario e cubrir todos os apartados ata chegar a TIPO DE AUTORIZACIÓN e nese teñen que seleccionar a casiña: Modificación por cambio de oferta asistencial.

As cotas de colexiación pódense desgravar na renda cando a colexiación é obrigatoria para realizar a actividade.

  • Se son profesionais por conta allea, as cotas colexiais son deducibles ata un límite de 500 € anuais.
  • Se son autónomos poden deducir a cota colexial sen límite como gasto asociado á súa actividade profesional.