Intrusismo
Defendemos ao paciente e á profesión
Queixas e irregularidades
Desde os Colexios Profesionais levamos tempo traballando para frear o intrusismo, un problema que, aínda que cada vez xera máis preocupación social, segue sendo complicado de erradicar.
O CODINUGAL, seguindo a súa función, ten a responsabilidade de velar polo correcto exercicio da profesión. Pero, ademais, queremos poñer especial atención en protexer o dereito á saúde, asegurándonos de que esta sexa atendida sempre por un profesional sanitario cualificado.
Podes comunicar unha situación de intrusismo. A túa identidade non será revelada en ningún momento, aínda que si necesitaremos os teus datos para poder facer seguimento e informarte sobre o estado da denuncia.
