Defendemos a túa profesión. Impulsamos o teu desenvolvemento
Defendemos os teus dereitos, fortalecemos a profesión e ofrecémosche servizos útiles para crecer, formarte e exercer con respaldo e garantía.
Non estás só/soa: o Colexio acompáñate
Obxectivos do CODINUGAL
Agrupar as e os Dietistas-Nutricionistas de Galicia que cumpran os requisitos que se definen no artigo 9 dos nosos estatutos.
Representar en exclusiva, a nivel nacional e internacional, a profesión de Dietista-Nutricionista e defender os intereses profesionais das persoas colexiadas, en coherencia cos intereses xerais da sociedade, así como cos da Nutrición Humana, Dietética e Alimentación, en especial nas súas relacións coas Administracións e Institucións Sanitarias e/ou Sociais, sexan de carácter público, privado ou mixto.
Formar permanentemente as e os profesionais da Nutrición Humana, Dietética e Alimentación.
Representar a profesión e os seus profesionais en todos os aspectos que lle sexan propios.

Ordenar, no ámbito da súa competencia, o exercicio profesional, velando para que se desenvolva conforme a criterios deontolóxicos e exercendo a facultade disciplinaria no ámbito profesional e asociativo.
Colaborar coa Administración Pública de ámbito territorial, estatal e europeo na regulamentación das condicións xerais do exercicio da profesión.
Promocionar, soster e vixiar que a Nutrición Humana, Dietética e Alimentación sexan un medio adecuado para a atención e mellora da saúde e do benestar da cidadanía.
Promocionar, divulgar e potenciar a Nutrición Humana, Dietética e Alimentación, así como a súa integración e relevancia na estrutura sanitaria e social desde as perspectivas científica, cultural, laboral, investigadora e docente.
Promocionar e estender a profesión da Nutrición Humana, Dietética e Alimentación na prevención, valoración, diagnóstico, tratamento, seguimento e avaliación dietética e nutricional en persoas sas e enfermas.

Servizos ao colexiado
A condición de colexiado en CODINUGAL leva consigo os seguintes servizos:
- Asesoría de emprendedores: servizo gratuíto para apoiar os inicios como empresarios/as.
- Acceso á bolsa de traballo: servizo exclusivo de envío de ofertas de emprego.
- Formación: información de actividades formativas relacionadas coa nutrición.
- Cota colexial: pódense deducir as cotas colexiais na Renda nos casos nos que é obrigatorio colexiarse para poder exercer a actividade.
- Comisións de traballo: se estás interesado en colaborar escríbenos a secretariacodinugal@gmail.com
- Convenios con entidades públicas e privadas: medio polo que estreitaremos lazos e acordos en beneficio da profesión.
- Atopa o teu D-N: espazo na web onde os colexiados poden incluír os datos de contacto das súas consultas (nome completo, enderezo da consulta, correo electrónico, teléfono, web e localidade). Para facer uso deste servizo é necesario enviar un correo electrónico á secretaría solicitando o servizo e a autorización de datos persoais (Descargar PDF).
Como membro do Consello Xeral de Dietistas-Nutricionistas de España (CGD-NE)
- Acceso á bolsa de traballo nacional.
- Asesoramento laboral e fiscal.
- Adhesión á póliza de seguro de responsabilidade civil FIATC.
- Uso da marca Dietista-Nutricionista.
- Pertenza á European Federation of the Association of Dietitians (EFAD) e á International Confederation of Dietetic Associations (ICDA).
- Poderás dar a coñecer o teu negocio na zona web “Busca o teu D-N”.
- Boletíns e circulares gratuítos: novas de interese para a profesión, participación en campañas e eventos de forma gratuíta ou con tarifas especiais.
- Xestión das denuncias de intrusismo profesional que superen o ámbito autonómico.
- Participar dos beneficios froito dos convenios do CGD-NE con institucións públicas e privadas:
- Convenio asinado entre o CGD-NE e a empresa Canal Saúde 24, S.L. (CS24).
- Participar de todos os beneficios froito do traballo das Vocalías e Comisións de Traballo do CGD-NE.
- Aqueles que determine o Pleno do CGD-NE.
Como membro da Academia Española de Nutrición e Dietética
- Uso do distintivo “Membro da Academia Española de Nutrición e Dietética”.
- Adquisición da condición de membro da Confederación Mundial de Asociacións de Dietistas (ICDA) e da Alianza Iberoamericana de Nutricionistas (AIBAN).
- Recepción dos seguintes boletíns informativos: da Academia Española de Nutrición e Dietética, da Revista Española de Nutrición Humana y Dietética, International Confederation of Diettic Associations (ICDA) e o boletín informativo de “subscrición voluntaria e consciente” da industria alimentaria e farmacéutica.
- Prezos reducidos no Plan de Formación Oficial da Academia Española de Nutrición e Dietética (ata un 50 % de desconto en cursos oficiais da Academia e un 20 % en cursos auspiciados pola Academia).
- Subscrición gratuíta á revista Journal of the Academy of Nutrition and Dietetics (JAND).
- Servizo de asesoramento científico por parte do Centro de Análise da Evidencia Científica da Academia Española de Nutrición e Dietética.
- Recepción de todo o material científico da Rede de Nutrición Baseada na Evidencia (RedNuBE).
- Adquisición dunha licenza de acceso a custo moi reducido do Practice based Evidence in Nutrition (PEN).
- Contratación do programa en liña EasyDiet.
- Formar parte e participar en todas as iniciativas de ALIMENTACCIÓN, ONG de todos os dietistas-nutricionistas de España.
- Formar parte do Comité Científico da Academia Española de Nutrición e Dietética.
- Formar parte dos Grupos de Especialización da Academia Española de Nutrición e Dietética, así como propoñer novos grupos de traballo.
- Inscrición reducida de ata un 50 % no Congreso de Alimentación, Nutrición e Dietética promovido pola Academia e o CGD-NE.
- Inscrición reducida de ata un 25 % nos congresos da EFAD, ICDA e AIBAN.
- Aqueles que determine o Padroado da Academia.