Desde o Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia (CODINUGAL) temos o pracer de informarlles da celebración das III Xornadas de Nutrición, que terán lugar o vindeiro 22 de novembro de 2025 na cidade de Pontevedra.
Estas xornadas, que se consolidan como un espazo de encontro entre profesionais e estudantado do ámbito da nutrición e a dietética, teñen como obxectivo promover o intercambio de coñecementos e experiencias, así como poñer en valor o papel da nosa profesión no eido sanitario e social galego.
Tanto a inscrición como a información sobre o prezo das entradas están dispoñibles na seguinte ligazón: https://forms.gle/8ivLSprmVZofgbnF7
Programa
Entrega de acreditacións
09:30 – 10:00
Muller e nutrición: Que facemos na endometriose?
Candela Martínez (Dietista – Nutricionista)
10:00 – 11:00
Saúde dixestiva: acompañando ao paciente ostomizado
Asociación Socio-sanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais e Ostomizados/as (ASSEII)
11:00 – 12:15
Pausa para o café
12:15 – 12:45
Márketing na consulta de nutrición
Anxo Sánchez (Deseño de páxinas web
12:45 – 13:45
Menús escolares: o papel da nutrición comunitaria
Natalia Hospido (Dietista – Nutricionista)
Gustavo Quindimil (Axencia Galega de Servizos Sociais)
13:45 – 15:00
Pausa para xantar
15:00 – 16:15
Alimentación estratéxica para futbolistas: optimizando o rendemento
Aurora Cid (Dietista – Nutricionista)
16:15 – 17:00
O papel do dietista-nutricionista ante os análogos de GLP-1
Inés Mera (Dietista – Nutricionista)
17:00 – 18:15
Clausura
18:15 – 18:30
