O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución pola que se establecen as datas, os horarios e os lugares de realización dos exames da fase de oposición da OPE 2025 do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
No caso da categoría de dietista-nutricionista, o exame celebrarase o domingo 15 de novembro de 2026, ás 9:30 horas, no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda (Pontevedra).
As persoas aspirantes deberán acudir co seu documento de identidade, un bolígrafo azul ou negro e a acreditación persoal co código QR impresa, dispoñible en Fides/expedient-e. Este código indicará a porta de acceso e o posto asignado para a realización do exame.
Desde CODINUGAL recomendamos consultar a resolución oficial e comprobar con antelación toda a información relativa ao acceso ás probas.