Noticias · Publicada a listaxe provisional de admitidas e excluídas do concurso-oposición de Dietista-Nutricionista

Publicada a listaxe provisional de admitidas e excluídas do concurso-oposición de Dietista-Nutricionista

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de concurso-oposición para o acceso á categoría de Dietista-Nutricionista do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

A resolución inclúe tamén a relación de persoas exentas e non exentas da realización do exercicio de coñecemento da lingua galega, un aspecto que as persoas aspirantes deberán comprobar xunto co resto dos seus datos administrativos.

Desde CODINUGAL recomendamos revisar con atención a documentación publicada para verificar que a solicitude foi tramitada correctamente. No caso de aparecer como persoa excluída ou detectar algún erro ou incidencia, será necesario presentar as alegacións ou emendas oportunas dentro dos prazos establecidos na convocatoria.

As persoas interesadas poden consultar tanto a publicación oficial no DOG como a listaxe provisional completa a través das seguintes ligazóns:

Máis artigos en Sergas e DOG

blog-sergas-xunta
Sergas e DOG

Ligazóns ao SERGAS e ao DOG

DOG no 165 – 17 de agosto de 2020 Aprobación dos estatutos do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de...