Comisións · Comisión SERGAS
Comisión SERGAS
A Comisión de Relación co SERGAS ten como misión principal representar e defender a figura profesional dos/as dietistas-nutricionistas dentro do sistema sanitario público galego, promovendo a súa plena integración e en condicións dignas.
As súas funcións inclúen:
- Defender a categoría profesional de dietista-nutricionista dentro do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
- Colaborar co SERGAS, a Consellería de Sanidade e outros organismos mediante a participación activa en reunións e espazos institucionais.
- Impulsar a creación de novas prazas e especialidades para dietistas-nutricionistas no sistema público de saúde.
- Vixiar polas condicións laborais dos dietistas-nutricionistas no SERGAS, promovendo unha carga de traballo axeitada e os recursos necesarios.
- Informar aos colexiados sobre a situación da categoría no SERGAS, as novidades que poidan xurdir e resolver dúbidas ao respecto.
Quen fai parte
- María del Sol Pérez
- Paula Castrillo
- Monserrat Torres
- Juan Antonio Latorre
- Antía Pérez
- Lucía Rivas
- María José Martínez
Queres participar na comisión?
Participar nas comisións de CODINUGAL é un xeito de medrar, colaborar activamente na túa profesión e achegar valor ao colectivo. Infórmate e súmate.