Noticias · Publicadas a data e a hora do exame da OPE 2025 de dietista-nutricionista do Sergas

Publicadas a data e a hora do exame da OPE 2025 de dietista-nutricionista do Sergas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución pola que se establecen as datas, os horarios e os lugares de realización dos exames da fase de oposición da OPE 2025 do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

No caso da categoría de dietista-nutricionista, o exame celebrarase o domingo 15 de novembro de 2026, ás 9:30 horas, no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda (Pontevedra).

As persoas aspirantes deberán acudir co seu documento de identidade, un bolígrafo azul ou negro e a acreditación persoal co código QR impresa, dispoñible en Fides/expedient-e. Este código indicará a porta de acceso e o posto asignado para a realización do exame.

Desde CODINUGAL recomendamos consultar a resolución oficial e comprobar con antelación toda a información relativa ao acceso ás probas.

Máis artigos en Sergas e DOG

blog-sergas-xunta
Sergas e DOG

Lista definitiva de persoas admitidas e excluídas na OPE 2025 de dietista-nutricionista do Sergas

O Servizo Galego de Saúde publicou a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no concurso-oposición da OPE...
blog-sergas-xunta
Sergas e DOG

Publicada a listaxe provisional de admitidas e excluídas do concurso-oposición de Dietista-Nutricionista

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo...
blog-sergas-xunta
Sergas e DOG

Ligazóns ao SERGAS e ao DOG

DOG no 165 – 17 de agosto de 2020 Aprobación dos estatutos do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de...