Escala de Bristol: que di a túa dixestión?

Descrición

A Escala de Bristol é unha ferramenta visual que clasifica os distintos tipos de feces segundo a súa forma e consistencia. Axúdanos a entender como está a funcionar o noso tránsito intestinal e pode ser útil para detectar signos de estrinximento, diarrea ou outros trastornos dixestivos.

Nesta infografía amosámosche os sete tipos da escala e que pode indicar cada un sobre a túa saúde dixestiva. Observar os cambios nas nosas deposicións non é unha manía: é unha forma máis de escoitarnos e coidar do noso benestar.