Comisións · Comisión de Universidades

Comisión de Universidades

A Comisión de Universidades traballa para fortalecer os vínculos entre CODINUGAL e o alumnado do grao en Nutrición Humana e Dietética, promovendo o acompañamento durante a súa etapa formativa.

As súas funcións inclúen:

  • Manter unha colaboración activa con ADINU (Asociación de Estudantes de Nutrición).
  • Brindar apoio e orientación ao estudantado no seu proceso académico e preprofesional.
  • Promover a presenza e o valor do colexio no ámbito universitario, especialmente no Campus Terra.

Quen fai parte

  • Sheila Castiñeira
  • Paula Castrillo
  • Uxía Rodríguez

Queres participar na comisión?

Participar nas comisións de CODINUGAL é un xeito de medrar, colaborar activamente na túa profesión e achegar valor ao colectivo. Infórmate e súmate.