Comisións · Comisión de Intrusismo

Comisión de Intrusismo

A Comisión contra o Intrusismo Profesional traballa para detectar e actuar ante posibles casos de exercicio ilegal da profesión de dietista-nutricionista en Galicia.

As súas principais funcións inclúen:

  • Recoller e verificar información sobre casos sospeitosos de intrusismo.
  • Xestionar as denuncias recibidas, redactando e enviando os apercibimentos correspondentes.
  • Realizar o seguimento dos casos detectados e colaborar na súa resolución xunto ao gabinete legal.
  • Remitir os casos á Consellería de Sanidade cando proceda, solicitando a apertura dun expediente sancionador.
  • Revisar e mellorar o cuestionario de denuncia por intrusismo dispoñible na web.

Quen fai parte

  • Manuel Portela
  • Marta Costa
  • Almudena Seijido
  • Rita Allegue

Queres participar na comisión?

Participar nas comisións de CODINUGAL é un xeito de medrar, colaborar activamente na túa profesión e achegar valor ao colectivo. Infórmate e súmate.