Comisións · Comisión de Comunicación
Comisión de Comunicación
A Comisión de Comunicación de CODINUGAL traballa para mellorar a difusión da información tanto entre os colexiados como cara á cidadanía, promovendo unha comunicación clara, actualizada e accesible.
As súas principais funcións son:
- Informar aos colexiados e á poboación sobre temas de saúde e nutrición a través de redes sociais, boletíns semestrais e outros medios.
- Fomentar a transparencia nas actuacións do colexio.
- Responder ás preguntas máis frecuentes mediante un apartado específico na web.
- Xestionar e actualizar os contidos nas redes sociais institucionais.
Quen fai parte
- Marta Costa
- Marta Casteleiro
- Natalia Albino
- Jacobo Infouz (encargado de la gestión de redes sociales)
- Almudena Seijido
Queres participar na comisión?
Participar nas comisións de CODINUGAL é un xeito de medrar, colaborar activamente na túa profesión e achegar valor ao colectivo. Infórmate e súmate.