O prato saudable: unha forma sinxela de comer mellor

Descrición
O modelo do prato saudable é unha ferramenta visual que nos axuda a organizar as nosas comidas de forma equilibrada, sen necesidade de pesar alimentos nin contar calorías.
Nestas infografías amosámosche dous exemplos: o prato de Harvard, baseado na dieta mediterránea, e un prato vegano, adaptado a unha alimentación 100 % vexetal. Ambos comparten a idea de priorizar vexetais, fontes de proteína de calidade, cereais integrais e graxas saudables.
Unha guía fácil e práctica para mellorar a túa alimentación en cada comida
