O glute dos alimentos. Que saber

Descrición
O glute é unha proteína presente nalgúns cereais, como o trigo, a cebada ou o centeo. Aínda que non representa un problema para a maioría das persoas, o seu consumo si debe evitarse en casos de celiaquía ou sensibilidade ao glute non celíaca.
Nesta infografía amosámosche que alimentos conteñen glute, cales son naturalmente sen glute e por que é importante ler ben as etiquetas se precisas seguir unha dieta libre desta proteína.
Comer sen glute non é unha moda: é unha necesidade para moitas persoas e coñecer a diferenza é clave para coidar a saúde.