Hipertensión arterial. Prevención e recomendacións

Descrición

A hipertensión arterial é un dos principais factores de risco cardiovascular e, a miúdo, non presenta síntomas visibles. Por iso se coñece como “o inimigo silencioso”. Afecta a unha parte importante da poboación adulta e, en moitos casos, pode previrse ou controlarse con pequenos cambios no estilo de vida.

Elaboramos esta infografía con recomendacións sinxelas e contrastadas para axudar a previr a hipertensión e fomentar unha vida máis saudable: alimentación equilibrada, actividade física regular, control do estrés e hábitos que suman benestar.

Informarse é o primeiro paso para coidarse.

Galería