Obesidade. Que podemos facer para previla

Descrición

A obesidade é unha condición complexa que afecta a millóns de persoas en todo o mundo e que vai máis aló do aspecto físico: inflúe na saúde, no benestar e na calidade de vida. Non se trata de buscar culpables, senón de entender mellor as súas causas e aprender que podemos facer, desde a prevención e con información rigorosa.

Cremos no valor da educación alimentaria como ferramenta clave para a prevención. Por iso, preparamos esta infografía con recomendacións prácticas e baseadas en evidencia para promover hábitos saudables desde idades temperás e en todos os eidos: a casa, o colexio, o traballo ou a comunidade.

Coidarse non é unha moda, é unha responsabilidade compartida.

Galería