Comisións · Comisión de Universidades
Comisión de Universidades
A Comisión de Universidades traballa para fortalecer os vínculos entre CODINUGAL e o alumnado do grao en Nutrición Humana e Dietética, promovendo o acompañamento durante a súa etapa formativa.
As súas funcións inclúen:
- Manter unha colaboración activa con ADINU (Asociación de Estudantes de Nutrición).
- Brindar apoio e orientación ao estudantado no seu proceso académico e preprofesional.
- Promover a presenza e o valor do colexio no ámbito universitario, especialmente no Campus Terra.
Quen fai parte
- Sheila Castiñeira
- Paula Castrillo
- Uxía Rodríguez
Queres participar na comisión?
Participar nas comisións de CODINUGAL é un xeito de medrar, colaborar activamente na túa profesión e achegar valor ao colectivo. Infórmate e súmate.