Código Deontolóxico

Está amplamente recoñecida a afirmación de que “para o desenvolvemento e consolidación dunha profesión é necesaria a existencia das correspondentes asociacións profesionais”. O colectivo de D- N, actúa consecuentemente para conseguir o equilibrio profesional que se basea en tres puntos: asociacionismo, formación e ética.

O Código ten como obxectivo primordial elevar o estándar da práctica e a boa praxe profesional e deberá revisarse periodicamente ante as necesidades da profesión e/ou da sociedade.

O Código non poderá cumprir os seus fins se non se mantén constantemente alerta ante as necesidades cambiantes da práctica profesional e as novas situacións creadas polo progreso social e científico.

O Código Deontolóxico é unha guía xeral para o exercicio profesional e por tanto non pode recoller con detalle situacións que precisen actuacións concretas.

O profesional D- N adquire un compromiso serio e responsable coa sociedade. Este compromiso débese cumprir a través deste Código Deontolóxico asumido, explícito, publicado e libremente aceptado por todo aquel profesional D- N que exerza como tal.